A MONTAÑA MENESA ( La Peña)

 
     
   “As montañas constituien unha quinta parte da superficie da terra e albergan unha décima parte da poboación humana”.

Duas montañas (La Peña e O Ordunte) son as protagonistas no val. Unha frente da outra e non se pode decir que irmáns xemelgas, por non semellarse non teñen nen o mesmo sustrato de solo. La Peña é caliza e o Ordunte é areisca. As cumens da Peña són farallóns rocosos e no Orduntes són lomas con tapiz vexetal.

No que si són análogas é na altitude. A cume máis alta é a Zalama (Ordunte) con 1335 m.  La Peña conta co punto máis alto en Peñamayor 1253 m.

 





LA PEÑA

La Peña é algo máis que unha pedra grande que non deixa ve-lo que hai detrás. Os días que hai neboa dáno-la sensación que la Peña non existe e nos falta algo, o val non é o mesmo.

Esta mole rocosa nos dá forza, protéxenos e nos dá unha beleza endémica.

Nadie che fala da Peña pero un menés vai sentindoa a medida que medra e  amenor oportunidade é coma un imán, atraete pero nunca te atrapa.

Agora que é inverno pero cuns diás increíblemente luminosos, claro que esto pode ser debido ao cambio de cristales nás miñas gafas, a Peña mostra unha amplia gama de tonalidades (morado, azul escuro, gris, verde escuro, negro...).

Para curiosar o que hai detrás da gran pedra hai que sudar un pouco. Pódese atravesa-la Peña por 14 portelos, todos a pé, excepto o porto de Angulo que se pasa en vehículo.

Aos portelos do cordón de Ordunte pódese chegar a case todos en vehículo todoterreno.

A ladeira da Peña é unha continua e homoxenea masa arbórea. O Ordunte, en boa parte, é un monte domesticado, está continuamente fragmentado e acribillado a cortafogos.

Podemos decir que temos unha montaña salvaxe (La Peña) e unha montaña dócil (O Ordunte).
 

Según os ollos cós que se mire, tanto a Peña coma o Ordunte poden dar moito xogo:
  • Para un cazador que pulule polas montañas seu obxetivo é conseguir unha presa, xa sexa un xabarín, un corzo, unha pomba, unha becada...

  • Para un montañeiro é cumear as cimas e disfruta-las vistas.

  • Para un espeleólogo é adentrarse nás grutas da Peña e ir descobrindo todo un mundo.

  • Para un gandeiro é conseguir máis pastizales no Ordunte para ter máis vacas.

  • Para un escalador é subir ao Pico El Fraile e pouco máis, xa que a caliza da Peña non é aconsellable para escalar.

  • Para un ornitólogo obsrva-la maior variedade de aves posibles: ná Peña, o voitre leonado, as choias, as gralliñas e mai-la parella de aguias reais, entroutros. Nos bosques de Ordunte: paxaros carpinteiros e aves rapaces, tanto diurnas coma nocturnas, sobor todo os cárabos.

  • Para un naturalista contempla-la diversidade vexetal dos montes e roquedos das duas montañas.

  • A un madeirista fáiselle a boca auga cando observa a altura e grosor dos seus carballos.

  • E así un longo etc,


A Peña plantada ná zona meridional do val impídenos ve-los nosos veciños do val de Losa. Xusta alí, onde dá a sensación que a Peña se acaba aparece o Pico do Fraile, nosa roca emblemática, tamén chamada “O Pico do Aforcado” porque ten forma de  forca.

Segundo desde donde se mire, é un autentico Fraile sentado e con capucha.Pero onde parece que se acaba a Peña e sobresie o Pico do Fraile, é tamén un efecto óptico posto que a Peña continua. Alí fai simplemente un vértice, unha esquina é que esta pedra é moi caprichosa.

   


 “...rocas calizas da peña, rocas calcáreas
foradadas por covas e taladradas de infinitos furados
que forman as augas das choivas,
os recios ventos
Oquedades, túneles, pasos e cavernas
Atallos e portelos
E, sobor todo, pedra moita pedra
Desde abaixo dibúxase o perfil dos fitos xigantescos da Peña.
A Magdalena, o portelo de Muga,
Peña Maior, o portelo da Hoz,
Lerdano e San Mamés...
E ao final da Corona, coma autentico remate
O Pico do Aforcado, que eu chamaba do Fraile,
Monumento insólito,
Desgaxado de forma caprichosa da Peña.
É un montón de rocas superpostas
Que se manteñen en difícil equilibrio
sen máis argamasa que os anos
e sen outro soporte cá sua propia verticalidade
sobor unha ancha base.
Este pico como cecais un técnico diria,
esta listo para derrumbarse calquer día...”

                              Libro “CADAGUA” JUAN MANUEL RUIGOMEZ IZA

 

.. chama a atención de calquer home observador, e sempre grandiosa no seu aspecto, e máis en días que o sol, a media tarde lanza os seus raios sobor dela e descubre a suas numerosas e frecuentes estribacións, as suas fondanadas profundas e seus modestos carreiros,  apenas perceptibles desde o chan.”

                  Libro “El Valle de Mena y sus pueblos”  ANGEL NUÑO

 

 
 

Seguinte  páxina a Montaña ( Ordunte)