A MONTAÑA MENESA (Ordunte)

 
     
   O Ordunte.
 

Alguén me dixo unha vez, que para contempla-la belleza da Peña non hai que subir as suas cumes, apreciase mellor desde o val, e nembergantes, para coñece-lo Ordunte hai que sendeirar ata chegar as suas cimas. E  é unha gran verdade.

Este cordón montañoso, noutros tempos, tuvo que ser un autentico verxel, ainda hoxe quedan vaguadas con regatos, carballeiras e faiedos que che fan pensar que o concepto tempo non existe

   

Das bondades das ladeiras do Ordunte o home abusou descaradamente a pesar de ter unhas ordenanzas desde o século XVI. Desde as talas para carbón e para ferrerías ata os continuos incendios para conseguir pastos.

Soio se salvaron as vaguadas pronunciadas e húmedas.

Ainda así contempla-lo Ordunte desde o encimar de Rozuelas ou desde o monte Las Callejas sigue sendo algo grandioso.

   

Camiñar a media ladeira, desde O Zalama ata Terreros, atravesando faiedos, carballeiras e un sinfín de regatos, é un placer que non hai verbas para describi-lo. Simplemente hai que deixarse levar polos pés e o Ordunte che deixará palpa-lo seu misticismo.

Podes rematar agotado, sen auga, cún calor asfixiante ou unha nevoa que non che deixa ver nada, ou acribillado a picaduras de tabáns o haber collido a senda equivocada...pero ten algo, non sei o que é, que a mín me atrae máis que La Peña.

   

Os topónimos cos que se coñecen as ladeiras e lomas do Ordunte siguen estando hoxe, totalmente vixentes. Non deixa de ser admirabel coma algún que outro gandeiro e o garda forestal (Juan) coñecen infinidade de nomes (topónimos) que identifican zonas concretas.

Esto resulta máis útil que un mapa a hora de localizar enclaves, por exemplo: Para localiza-lo acibo de 2 metros 14 cm. de  grosor do tronco dinche “... na ladeira do Ordunte (Baljerri) cerca da cabana caida de don Juanito”.

Ou para localiza-la cabana de Frechuras: “... a ezquerda do faiedo de LEDO collese a senda que te leva a cabana”.

“...Vin o gando de fulanito na fonte LA TABLA iban deica SALDUERO”.

OU  A CABANA LOS CARRANZANOS, O HORTO DOS MOROS, A CABANA DOS VILLANUEVA

É importante que estos topónimos non se perdan porque son o reflexo do pasado e indican a historia desos lugares. Transmitíronse de xeneración en xeneración e oralmente.

   
 
 

Tornar a Peña

Tornar a página principal