OS MENESES E SUAS TRADICIÓNS

 
     
 

 “ ... Os meneses son afables, dóciles e humáns, sendo ben tratados; son, en xeral, traballadores e apricados a labranza, que é a común profesión; son amantes da sua nobreza algo suspicaces e fáciles de querellarse das inxurias, que tardan en esquencer...”

Así definia Angel Nuño aos meneses no ano 1920.

 


Pasaron algunhos anos, pero non serei eu quen faga unha descripción dos meneses posto que eu son unha deles.
Non creo que sexamos nen mellor nen pior que outros. Cada ser é un mundo.
Formamos unha poboación que non supera os 5000 habitantes repartidos en 258 km cuadrados.
 

O val foi e é un lugar de paso, no que unhos pasaron e outros moitos fixeron parada e fonda e botaron raices.

Eiquí hai unha mestura de meneses con vascos, pasiegos, sobanos, montijanos, carrilanos (xente das vilas que quedaron anegadas polas augas do embalse de Arija), losinos, leoneses....


Para atopar un menés auténtico hai que rebuscar moito.
Todo esto influio a hora de forxar tradicións, gastronomia e sobor todo folclore menés. O val non conta con nada desto.
Pero temos algo que é moi noso: O SANTUARIO DE CANTONAD.

 


O día 8 de maio paraa maioria das persoas é un día máis, pero para un menés é o día de Cantonad, da Patrona do val. Levao sendo desde o seculo XV. Dunha costume pasou a unha tradición e hoxe é historia. Unha historia que se vive ano tras ano. Supoño que é unha historia moi distinta daquela do ano 1588 no que o Papa Sixto V aproba a instalación da Cofradía da Esclavitude e se conceden gracias especiais aos cofrades de Cantonad. Ou do ano 1748no que outro papa, Pio VI, concede indulxencia plenaria os días 25 de marzo, 15 de agosto e 8 de setembro a tódolos que visiten o santuario.
 

Despois de máis de 500 anos, Cantonad sigue no seu eido, un pequeño promentorio rodeado de frondosos árbores. É un lugar ideal para ser divisado desde numerosas vilas do val.
¿Qué é o que move o val a acudir puntualmente a cita coa patrona? Haberá probablemente moitos motivos pero un, sen dubida, é o recordo. Moitas persoas maiores contan como o día de Cantonad tiñan alpargatas novas para acudir ao santuario, visita-la virxen e logo participar na festa.

 

Outro motivo, o máis importante, é a devoción, a relixiosidade, respeto e a vez agarimo en prol dese lugar. É unha ermida donde se celebran innumerables bodas. Coido tamen que o día 8, o val veise un pouco “as caras” coa patrona e rinde contas.
Cada ano nómbrase un maiordomo, sobre o cal recae a responsabilidade do ágape para o clero e autoridades.
O pobo chan fai comida campestre na campa e desfruta das vistas cara o val.


Entre os grupos que se forman na campa e sobor de todo entre persoas maiores oise a frase: ¡canto tempo sen verte, fulanita!, ¿qué tal o teu home, teus fillos...?
E logo na casa comentan: Vin a fulanita, a filla de mengano, ¿recordas quén? A mín, ao oir esto, sempre me deu a sensazón que se coñecen todos, ou case todos, entre sí. Un día o ano, o 8 de maio, será festa en todo o val, unha festa dedicada exclusivamente a Virxen de Cantonad: a patrona.
 


Na actualidade hai un grupo de danzas “Ecos del valle” cunha actividade artística folclórica, cada día máis recoñecida polos propios meneses, tarea que non é nada fácil.
Tamén existe “La Coral Valle de Mena”.

 

 


No lenguaxe cotidiano hai sorprendentes frases e verbas cun forasteiro non entendería.
-
  ¡ Menuda legaterna és esa! (bruxa, arpia)
-
  ¡ Más ruin que las cabras de Bortedo!
-
  ¡ Pareces la piejosa Aguera!
-
  ¡ Esta juventud se pone unos chapingos! (roupaxes)
 

 
 


. ABADEJO = NÍSPERO
. BORONA = MILLO
. BORTO = MADROÑO

. CHON = COCHO.

   
 
 

Volver a la página principal