A HISTORIA MENESA

 
     
 

Non hai nada máis gratificante que segui-la historia a través das pisadas que o home foi deixando. E no val esto é posible.

Iniciase cos xacementos arqueolóxicos, pasando pola calzada romana, siguese polo románico. De seguido cóllese a senda das torres e paso a paso presentámonos nos días grises da guerra civil.

E sen darnos conta vemo-la historia contemporánea reflexada nos edificios modernos, no crecemento das vilas e como non, nas suas industrias.

Os autrigones (celtas) ensinaron aos románs o val de Mena. Debeulles de gustar tanto que decidiron face-la calzada que cruza o val. Entra polo norte e sale polo suroeste. Nen máis nen menos que une o mar Cantábrico ca meseta castelana.

Polo val pasaron a lá, o trigo, o sal, o viño, o peixe...e digo pasaron porque ata o momento non se atopou nen unha moneda, nen unha sinxela tesela de mosaico que indique que se asentaron no val.


Os románs fóronse do val pero as mercancías seguiron pasando pola calzada romana e en Valmaseda colocouse a aduana, pouco despois de concederlle o señor de Bortedo (MENES) o tíduo de Villa no 1199 e Alfonso VIII o privilexio do fuero de Logroño.

Pero un pouquiño antes desto, e na Alta Idade Media, en concreto no ano 800, fundase un mosteiro no termo de Taranco, en cuio escrito aparez por primeira vez escrita a verba “Castilla”.

Na época da repoboación, os foramontanos deberon andar as suas anchas polo val ao xulgar pola cantidade de mosteiros que edificaron anque o día de hoxe non quedou ningún.


Ao fio da historia e continuando ca relixión, atopámonos con dous edificios a cal máis feito (as igrexias románicas de Siones e Vallejo).

O templo de San Lorenzo de Vallejo de mediados do seculo XIII e declarado M.I.A. destaca polas suas grandes dimensións e a riqueza arquitectónica do ábside con arqueria lombarda.

Na Igrexa de Santa Maria de Siones prodomina a decoración interior cos edículos e a talla de Santa María. Declarada tamén M.I.A. e datada entre finais do seculo XII e comenzos do XIII.

 
A igrexa románica de San Pelayo de Ayega (Mena) anque en ruinas, merece a pena ser visitada para coñece-lo tímpano e sincelez da sua construcción.

Case esquencida e moi expoliada sigue tendo un halo de fasciñazón (pequena, recollida, escondida e moi coqueta exerce unha atracción imantada por adentrarse nos entresixos do arte románico).

Houbo varias igrexas románicas como atestigan (tímpanos, portadas, sarcófagos, caneciños...).
 

Pasamos páxina e nos atopamos con outras construccións moi singulares e abondantes: As torres.
Na Baixa Idade Media, o val sofre as loitas banderizas entre os clans dos Salazar e os Velasco.
Houbo 27 torres, das cales quedan 15. Unhas en mellor estado que outras.
Cabe destacar que no val de Ordunte soio se conserva a de Hornes (en ruinas).
No val de Ayega, a de San Pelayo.
No val de Angulo, a de Cozuela (habitada) e a de Las Fuentes (soio paredes).
No val de Tudela, a torre de La Llana (habitada) e a de Ciella (agora cabana para o gando).
Todalas demáis (9 torres) ná conca do río Cadagua.

   


Podemos continuar ca historia de Mena ata os nosos días pero case non quedan sinais ou ¿debería decir fósiles?.
...Indianos que deixaron a sua impronta nas vilas, guerras,  periodos de pobreza, de benestar, a industrializazón, o éxodo as cidades ata agora que, cando as vilas se afogan tiraselles do salvavidas do turismo rural. Todo se envolve cunha etiqueta rústica, onde a vila é paisaxe, benestar, saúde, gastronomía, costumes ancestrales...

Pero, quen realmente sinte a vila é aquel que naceu e vive día a día nela: sufre cando se corta un carballo que viu, desde neno, medrar. É feliz cando un camiño se limpa e se deixa transitable ou cando as fontes e lavadeiros están en bó estado e son útiles ou cando a igrexa se restaura ou cando o gando esta gordo e lustroso nos prados meneses.

Pero, sobor de todo, é feliz cando observa que os meneses se xuntan para conserva-lo seu patrimonio, para mellora-las suas vilas, para ser solidarios cos seus veciños (esta é tarea ardua).
 

Esta  é a HISTORIA  actual do val de Mena.
 

 
  Ver Románico Menes  
 

Volver a la página principal