FLORA MENESA.
 

 
     
   

FLORA

 

“O monte é ese museo, onde tódolos días hai unha obra de arte” que admirar. Naide te molesta, non hai horarios de peche, as cores e olores son auténticos. Os ruídos son música harmonizada polos páxaros.

A temperatura e ambiente son sempre agradables. Os regatos rompen o silenzo ea auga vai pintando surcos que logo serán verxeles.
Tódolos intres son cuadros viventes, onde a cor, a lus, a textura das follas, as sombras, as árbores, as penas, a auga eos seres vivos que poboan o monte són todos protagonistas por igual.”

 


 

O clima do val é considerado por moito coma microclima. Disfrutaemos dun clima de transición entre o clima atlántico e clima mediterráneo, o que dá orixen a unha amplia diversidade de flora e fauna. Tamén hai que ter en conta, que a altitude media do val non supera os 400 metros.
Con temperaturas moderadas tanto no inverno coma no verán, apenas neva; o que son frecuentes són as xeadas tardías ben entrada a primaveira.
Cando chove, chove con ganas. As primaveiras menesas, polo xeral, són chuviosas e algo frías.
A finais de maio eo mes de xuño són os intres idóneos para disfruta-la primaveira en todo o seu esplendor.

 


O MONTE    

As árbores por si soias non fan monte. O monte é unha comunidade complexa de prantas, animais e outros elementos non viventes, ecolóxicamente relacionados entre si, asentados  en harmonía co clima eo solo.

Un monte é un ecosistema.

A masa boscosa do val agrúpase en varios escenarios: as ladeiras da “Peña”, as vaguadas do Ordunte, Espalda Seca os montes do Orilla, San Bartolomé, Zocueto, San Miguel, Monte Redondo, Las Callejas, Peña Lastra .....

As estribacións de Irús, Ciella, Araduenga, Santa María Artieta, Lorcio, e numerosos rodales nás proximidades das vilas e nás beiras dos cauces fluviais.

Desde calquer promontorio que nos asomemos ollaremo-lo val salpicado de prados e montes, cada vez máis prados.

O val de Mena conta con 258 kilómetros cuadrados equivalentes a 25.800 hectáreas. Desta superficie, 19.000 hectáreas son superficie verde. Esto danos unha idea do que prima no val: prados e montes.

Os primeiros bosques aparecen na terra no periodo Devónico na era primaria fai 400 millóns de anos.

A partir deiquí, naturaleza e humans camiñan xuntos. Tendo presente que o home necesita da naturaleza para vivir, pero ela non tén necesidade do home.

O carballo é a árbore por excelencia do val e o que máis hectáreas ocupa.

O val de Mena, igual que tantos outros lugares conta con árbores que por determiñadas razóns venéranse e cuidan.

Visitas obrigadas para un menés e para un foráneo que entenda o idioma das árbores, son: o carballo “Ganavidas”, o acibo de Ordunte, o teixo de Angulo, o faia de Irús, eo fasciñante bosque de Laurisilva, o arce de Angulo, os castiñeiros do Monte Redondo.

Pero non  só estas árbores merecen unha visita, calquer pequeno rodal boscoso que se encontre pode ser o lugar ideal para, primeiro encontrarse cún mesmo e logo disfrutar de todolo que esa naturaleza che ofrece.

   

AS ÁRBORES SON BENEFICIOSAS  SOBOR DO SOLO PORQUE ENRIQUECEN E BOMBEAN NUTRIENTES, AUMENTAN A SUA FERTILIDADE E MERMAN A EROSIÓN.

SON BENEFICIOSAS PARA O CLIMA PORQUE CREAN AMBIENTES MICROCLIMATICOS, AMOTIGUAN A RADIACIÓN SOLAR E AS OSCILACIÓNS TÉRMICAS, REPARTEN MÁIS HOMOXENEAMENTE AS PRECIPITACIÓNS E FRENA OS VENTOS...

DEPURAN A AUGA (FILTROS VERDES).

SIRVEN DE HABITAT PARA-LA FLORA E FAUNA SILVESTRE EO GANDO.

PROPORCIONAN-NOS MADEIRA E POR CONSEGUINTE PAPEL.

E SOBOR DE TODO PROPORCIONAN-NOS OSÍXENO PARA PODER VIVIR.

   

O monte debe ser útil a sociedade menesa, debe ser asimesmo un orgullo para os seus habitantes e unha fonte de riqueza e non un espacio improductivo xenerador de reñas e envidias. Os incendios, as talas abusivas, as pistas forestais e maila deforestación acarrean graves desequilibrios nos montes do val.

Nos derradeiros anos  vense insistindo para a colocación de xeneradores de enerxía eólica en todo o cordón montañoso do Ordunte.

Co paso do tempo, non será dificil que acabemos facendo rutas turísticas aos muiños de vento, só que neste caso non serían os do Quixote.

A pesar desto, pódese decir, sin temor a equivocarme, que o val de Mena ten agora máis masa forestal que fai 60 anos e esto débese, en boa medida, ao abandono do monte. A poboación diezmouse, os fogares non necesitan leña para funcionar eos rabaños de cabras desapareceron dos montes. Pero non hai que esquencer que as excavadoras fan estragos.

No Ordunte existiron unhas normas que protexían o monte, velaquí unha significativa:        

“....que ningures sexa osada de cortar carballo, nin faia nin encina nin espiño nin acivo nin abelaira nin borto nos seles (prados) so pena de 300 mrs. Por cada pe....”

Ordenanza da Noble Xunta de Ordunte do 21 de decembro de 1514.

Por moito que se insista no cuidado e respeto as árbores eo medio ambiente, creo sinceramente, que despois de coñecer a longa traiectoria destos “troncos inmóviles” quen realmente está en peligro é o home. As árbores superaron drásticos cambios de temperatura, fenómenos xeológicos e eiquí siguen daquela que non poden correr.

O home incorporóuse moito máis tarde a naturaleza e ten moito que aprender dos “troncos inmóviles”. Non esquenzamos que o ser human necesita da naturaleza para comer e respirar. A naturaleza non necesita ó home.
 

 

 
   
   
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Volver a la página principal