FAUNA MENESA.
 

 
     
 

A fauna é tan diversa coma flora no Val.

Podemos falar do corzo, o lobo, o xabarín, o raposo e así un longo etc. Como realmente se disfruta a fauna é observándoa, case sempre, por casualidade.

Nestos días de inverno, os miláns reales voan baixo. E os voitres, alá na Peña, prepáranse para o cortexo nupcial.

   

Os que non andan moi tranquilos, por estas datas, son os xabaríns e mai-los corzos. Os primeiros porque os cazadores teñen licencia para matar e os corzos porque os cans ao bati-lo monte para caza-lo xabarín, sacanos dos seus fogares.

A lebre, a pomba e a becada tamén están dentro da licencia para matar.

Observ-la fauna nunca foi o meu forte, sempre me pilla fora de xogo, unhas vegadas por miopía, outras por despiste. Pero a forza de constancia vou mellorando.

Estes días nevou e o camiñar pola Peluca, un monte de Menamaior, salíu unha lebre a carón dos meus pés; a miña cadela mastina ¡ Que ilusa, correu detrás ¡

   

Os que non me sorprenden son “meus amigos dá mañan”. Polas mañás ao poñe-las migas de pan na pedra veñen meus amigos: os paporrubios, un ferreiriño común, varios pinzóns, eiquí chamámoslles chimbos coma o xabón, carboeiros comúns, e tordos que aproveitan o seu tamaño frente aos demáis paxariños. Espéranme nás pólas despidas dos nogais e freixo. De contado que me alonxo, o primeiro que baixa é un dos paporrubios.



 

Nó verán e comenzos de outono, prefieren outros manxares e as migas quedan na pedra deica o día seguinte.
O vivir perto do rio, eduquei os meus ollos para ve-lo merliño acuático, o martín pescador, a pola de auga, eiquí chamámoslle “gallinita”, algunha que outra culebra de auga e mái-la troita.

 

   
 

 

 

 

Volver a la página principal