ECOSISTEMA FLUVIAL MENES.

 
     
   


“Cando o rio canta nacen paraisos”
                                              
Octavio Paz

Os rios són as venas da terra, a través deles penetrouse nos vales e nas suas ribeiras asentáronse as primeiras civilizacións humanas. A partír de ahí, o rio seguio xunto ao home, anque este, as veces, o ignore.

Os cursos da auga son moitos e de abondante caudal no val de Mena. Os rios non soio nutren as terras menesas senón que son os axentes máis directos ná sua configuración xeográfica. Cada val dos que forman Mena teñen un rio coma exe central.

O rio máis importante e que máis transformacións sufriu é o Cadagua. Os demáis rios meneses irán a doar as suas augas a él. 

  

O rio Egaña pasa case desapercibido pola val de Tudela. Nace en La Peña, entre os portillos de Egaña e Los Lobos. Vai moi discreto entre faias e algún teixo e deseguida embálsase nún pequeno pantano que abastece de auga a Arceniega (Alava).

O Ordunte é o rio torrenteiro por excelencia do val. Nace nun eido priviliexado, coñecido como a fonte do Hornacho. Alcanza un forte desnivel ata chegar o val de Ordunte.

Unha vez no val, as suas augas son atrapadas no embalse que abastece a parte do Gran Bilbao.

O val de Angulo veise surcado ó longo polo rio San Miguel, por certo, moi poucos rios levan nome de santos.

E un rio fermoso desde que sae pola boca da cova San Miguel, El Viejo, ata pasar unhos metros a cascada de Peñaladros, na fronteira, donde deixa de ser menés para ser alavés.

   

Un rio con moita historia, o rio Herrerias. Pasa polo val de Ayega sen facer ruido. Conta cún cauce estreito pero todo el é un verxel.

O redor da auga surxen importantes focos de vida,  falo de ocasistema fluvial. Fileiras de arbores e arbustos forman o bosque da ribeira. Esta masa arborea sirve de refuxio e alimentación a unha variada fauna (insectos, aves, peixes, anfibios, reptiles...)

A actividade humana nas ribeiras dos rios é visible (muiños, ferrerías,  centrales hidroeléctricas...)

 

   
 
 

Volver a la página principal